Campionato Provincial Escolar de Orientación 2019

Orienta19 04

ÚLTIMAS NOVAS

Orgullosos do noso centro que acadou a terceira posición 🏆 para o campionato Galego do vindeiro 4 de Maio que se disputará na localidade de Cenlle.

ORIENTACION CLASIF GALEGO

Vilanova dos Infantes encheuse onte, xoves 4 de abril d 2019, de mozos deportistas. A escusa, a disputa do Campionato Provincial Escolar de orientación a pé, nas categorías infantil e cadete.

Foi unha mañá fesca e por veces ata caeron unhas pingas, aínda así aguantamos o tipo, corremos moito e con astucia e sorte e fixemos un campionato estupendo, obtendo dous podiums e moi boas posicións na clasificación.

BRAVO CAMPIONAS E CAMPIÓNS!!!

A proba infantil feminina tivo como dominadora a Clara Dopazo Velón (Divino Maestro), que logrou o título cun tempo de 21:18. Por detrás, tripleta do Pablo VIN da Rúa. A prata, para Allixson Rúa Ramírez (22:54), e o bronce quedoullo Fátima Pérez Mëndez (24:47).

Entre os mozos infantís, o máis hábil co mapa foi Rodrigo Díaz Enríquez ( Limiactiva), campión cun tempo de 12:33. A prata e o bronce, para Israel e Juan Pablo Agudo Calvelo(Pena Trevinca O Barco), respectivamente.

En cadetes, na proba feminina triunfo de Nuria Vázquez López ( Cambeo), seguida de Esther Agudo (Pena Trevinca), segunda, e Ana Galicia Bernárdez (Divino Maestro) terceira.

A proba masculina gañouna Joao Morais Jiménez ( AD Limiactiva), con Álvaro López (IES O Barco) segundo e Lucas Pardo (IES Verín) na terceira posición.

[+Imaxes do día]