CLAUSURA 75 ANIVERSARIO DIVINO MAESTRO

O vindeiro venres, día 15 de xaneiro de 2021, é a data que pecha a celebración do 75 Aniversario da fundación da congregación das “Religiosas Misioneras del Divino Maestro”. Data que coincide co día que Francisco Blanco Nájera partiu cara o ceo.

A clausura realizarase cunha Eucaristía que se celebrará e retransmitirá en directo por streaming a través de Youtube ás 11:30 horas. Ás 11:15 emitirase pola mesma canle un vídeo de ambientación para que todos/as poidamos visualizar a nosa cidade de Ourense e os lugares máis significativos onde o noso Fundador estivo.