Fondo Solidario de Libros e Material Escolar 2020-2021

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Informamos de que con data 19 de maio de 2020 foron convocadas as axudas para:

– Participar no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
– Adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial.
– Adquirir material escolar en Educación Primaria e Educación Especial.

fondo libros
material escolar fondo
1. Normativa aplicable

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).

2. Presentación de solicitudes (dúas opcións)

3. Calendario do proceso

Na seguinte páxina figura unha táboa coas datas, horarios e instrucións precisas para realizar o proceso respectando as medidas sanitarias e facilitando a celeridade do mesmo. Por dito motivo, pedímosvos o voso compromiso no cumprimentos dos seguintes puntos:

– Respectar as datas e horarios asignados a cada familia.
– Só unha persoa poderá acceder ao centro representando a cada alumno/a, podendo ser o propio alumno/a.
– O uso de mascarilla é obrigatorio no interior do Colexio.
– Para deixar material ou recollelo cada familia traerá unha bolsa do seu domicilio, no Colexio non se entregarán nin se recollerán bolsas.
– No interior do Colexio respectaremos a distancia mínima de seguridade de 2 m.
– No caso de non poder respectar os horarios establecidos pregamos que solicitedes unha cita previa por teléfono 988 217 800.

CALENDARIO FONDO LIBROS 20-21