Fondo Solidario Xunta 2019-2020

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

  • O prazo para presentar as solicitudes, –por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda
  • No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
  • Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar

[Toda a información na páxina da Xunta de Galicia]

[Fondo Libros Xunta de Galicia]

libros02