Os Nosos Fundadores

Francisco Blanco Nájera

Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Os seus pais Eduardo e Patricia.


Francisco é un neno alegre, inquieto, con grandes dotes para a música. Aos 13 anos ingresa no Seminario e o 20 de decembro de 1927 é ordenado Sacerdote.


Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis pobres e necesitados e o seu desexo era axudar para que nestes a semente do Evanxeo medrase e dese froito abundante. Morreu o 15 de xaneiro de 1952.


Xunto coa Madre Soledad fundou as “RR. Misioneras del Divino Maestro”, as cales hoxe a través dos Colexios “Divino Maestro” fan presente o seu ideal por todo o mundo, “levar a luz da verdade e o lume do seu  amor á mente e ao corazón de todos os homes”  a través da Educación.

Os Nosos Fundadores
Top