Quen Somos

Colexio Plurilingüe “Divino Maestro” é un centro educativo privado-concertado e confesional católico pertencente ás “Religiosas Misioneras do Divino Maestro”.

O centro está concertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, nas ensinanzas de Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional Básica e Aula de Educación Especial.

A Congregación de “Religiosas Misioneras del Divino Maestro” foi fundada no ano 1944 por Francisco Blanco Nájera e Soledad de la Cruz Rodríguez Pérez, que viviron profundamente o ideal de levar a luz da verdade e mailo lume do amor á intelixencia e ao corazón dos máis necesitados.

Conscientes dos desafíos que se lle expoñen hoxe á educación, a “Congregación de Religiosas Misioneras del Divino Maestro” vive comprometida na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta.

Cole Fachada

A Congregación é a Entidade Titular que garante o servizo educativo, é a responsable de expresar e manter os principios que definen o tipo de educación que se desenvolve nos nosos centros definidos no Carácter Propio dos “Centros Divino Maestro”.

No noso Carácter Propio, aparece a expresión Centros educativos, xa que a nosa prioridade desde o principio, e de xeito especial nesta sociedade en cambio permanente, é a formación de nenos, mozos e adultos. A educación do século XXI, está urxida por novos retos, que nos esixen apertura e compromiso a outras alternativas educativas que nos permitan achegarnos aos máis necesitados.

O Centro comprométese a desenvolver o proceso educativo nun clima de acollida, atención individualizada, formación integral, respecto aos dereitos dos alumnos/as, todo elo en conformidade coa nosa proposta educativa e co pleno compromiso coa labor social de formación segundo os valores do humanismo cristián.

Top