Imos a Neve 2020

Os alumnos de 1º e 2º de ESO entre os días 4 e 6 de marzo de 2020 fomos a Estación de Montaña de San Isidro en León.

A verdade é que foi un pase bastante longo en autobús, pero fomos indo.

Ao chegar o 1º día deixamos as maletas no hotel que estaba en Boñar e subimos ata a estación a buscar o material de esquí, esquís, bastóns e casco, cando puxemos eso xunto coa nosa roupa, guantes e gafas parecíamos astronautas!!!

E dende ese momento… a disfrutar e descubrir un deporte novo, para case todos. Deixo o enlace para as fotos deses días.

Esperamos que os alumnos que alí estiveron teñan un grato e duradeiro recordo destes 3 días de compañerismo, autobús e neve, sobre todo de neve🤣 ❄☃❄☃😄😀