FP Básica

Módulos formativos
Curso Código Módulo profesional Horas Periodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3029 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 10
MP3031 Ofimática e arquivamento de documentos 233 8
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3016 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 9
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3030 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 9
MP3033 Formación en centros de traballo 320  

Noticias de FP Básica

Galería de Imaxes

Galería de Vídeos

A noso centro ofrece o Título Profesional Básico en Informática de Oficina, cunha duración de 2000 horas distribuídas en 2 cursos académicos.

Que título se obtén?

Superando o ciclo obtense o título profesional básico correspondente. Adicionalmente, os alumnos poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da mesma.

Cal é a validez dos títulos?

Ten tanto valor académico como profesional. Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. 

Requisitos de acceso?

  • Ter entre 15 e 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ter cursado 3º de ESO ou excepcionalmente ter cursado o 2º de ESO.

Acceso ao mundo laboral

  • Axudante de montador de sistemas microinformáticos.
  • Axudante de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas para a transmisión de datos.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de servizos xerais.
  • Gravador-verificador de datos.
  • Auxiliar de dixitalización.
  • Operador documental.

Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. No primeiro curso dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.

FP Básica
Top