Departamento de Orientación

Departamento de Orientación

Noticias de Orientación

Galería de Imaxes

Galería de Vídeos

O Departamento de Orientación leva a cabo actuacións de atención ao alumnado ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe co obxecto de favorecer a súa formación integral, así como facilitar o apoio, asesoramento e implicación das familias e do resto de axentes da comunidade educativa.

O departamento conta cos seguintes profesionais, unha orientadora, unha especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), unha especialista en Audición e Linguaxe (AL) ademais de persoal complementario de apoio educativo.

O Centro conta cunha unidade de Educación Especial que pretende dar solución á diversidade do alumnado, tendo en conta os principios de ensinanza individual e persoal, a inclusión e adaptación social, a transición de cursos e etapas, o esforzo e compromiso por crear contornas de aprendizaxe ricos, motivadoras e esixentes, así como a valoración e intervención nas dificultades da linguaxe.

Top