Admisión

 
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020 NOS NIVEIS DE
EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 11:00 a 13:30 horas de Luns a Venres e Xoves de 15:30 a 17:30 horas.
Fora do horario concertar cita 988217800 / 698171577

14 de Maio -> Listado definitivo de admitidos e non admitidos

A Dirección xeral de Centros da Xunta de Galicia indica unhas instrucións sobre o proceso de admisión para o curso escolar 2019/2020 que conformidade coa orde do 25 de Xaneiro de 2017 para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes (Ésta modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 que desenvolve todo o proceso de matrícula):

  1. Do 1 ao 15 de Febreiro. Preinscripción en Centro Adscrito -> Anexo I: Reserva de praza centro adscrito (galego). Entréganse no CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO.
  2. Do 1 ao 20 de Marzo -> Proceso de Admisión -> Solicitude de Admisión Online Xunta  de Galicia – Solicitude de Admisión ED550B
  3. Calendario do Proceso -> Ver Calendario
  4. 28 de Febreiro -> Xunta Sorteo das Letras de Prioridade para desempateResolución Sorteo Letras
  5. 28 de Febreiro -> Publicación vacantes escolares
  6. 28 de Febreiro -> Criterio de Baremación do Centro
  7. 28 de Febreiro -> Documentación a Entregar
  8. 28 de Febreiro -> Servizos Complementarios
  9. Do 29  de Marzo ao 9 de Abril -> Prazo de Entrega de documentación
  10. 24 de Abril -> Listado provisional de admitidos e non admitidos -> Listado Provisional Admitidos e non Admitidos
  11. Do 25 de Abril ao 2 de Maio -> Prazo de reclamación
  12. 14 de Maio -> Listado definitivo de admitidos e non admitidos
  13. Do 20 ao 30 de Xuño -> Formalización de Matrícula de Infantil e Primaria
  14. Do 25 de Xuño ao 10 de Xullo -> Formalización de Matrícula Secundaria
  15. Do 1 ao 10 de Setembro -> Prazo Extraordinario de Formalización de Matrícula Secundaria
admision19-20
 
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020 
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: INFORMÁTICA DE OFICINA

O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 10:00 a 13:30 horas de Luns a Venres. 
Fora do horario concertar cita 988217800 / 698171577

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o Anexo I. A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Documentación a presentar:

• Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

• Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o Anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.

• Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.

  Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

• Ser proposto/a polo equipo docente

• Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo

• Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

• Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

• Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

 

Top