Actividades Extraescolares

Oferta

Róbotica

Róbotica

Baby bots (Educación Infantil)

Un curso pensado para que os máis pequechos se metan nun mundo novo e apaixonante. Divertiranse xogando con robots á vez que descobren a lóxica da linguaxe da programación e coñecen as impresoras 3D.

Junior bots (1º-2º-3º EP)

A través de apaixonantes retos o teu fillo/a aprenderá a crear as súas primeiras animacións e videoxogos, construirá os seus primeiros robots e programaraos xunto aos seus compañeiros. Sen esquecer que imprimirán os seus primeiros deseños en 3D.

Master bots (4º-5º-6º EP)

Os nosos alumnos/as introduciranse no mundo da programación á vez que descobren todo sobre Arduino, crearán as súas primeiras Apps, construirán robots desde cero e terán un primeiro contacto co mundo dos drones.

English

English

EP, ESO e FPB

Clases preparatorias para os exames oficiais de Cambridge, onde os alumnos/as poderán mellorar a súa capacidade lingüística nas catro destrezas (reading, writing, listening e speaking) e así ter a posibilidade de obter unha titulación de recoñecemento internacional. Grupos por niveis segundo a matrícula existente e co libro de texto proporcionado polo centro.

Funny English

Funny English

Desde 4º EI ata 2º EP

Actividade lúdica impartida integramente en lingua inglesa  orientada ao desenvolvemento da creatividade do teu fillo/a a través de obradoiros, xogos predeportivos e a estimulación da expresión corporal e oral; á vez que adquiren novas destrezas na lingua estranxeira.

Grupos Divino Maestro

Grupos Divino Maestro

Desde 3º EP ata 4º ESO e FPB

A nosa actividade estrela onde todos xuntos poderemos descubrir e compartir experiencias de amizade, solidariedade, xustiza e colaboración que nos axuden a crecer como persoas autónomas, creativas e comprometidas.

Ademais da xuntanza semanal ao longo do ano teremos convivencias e campamento de verán.

Guitarra

Guitarra

Desde 6º EI ata 4º ESO e FPB

Iniciación e perfeccionamento a este clásico onde se engloban técnicas e actividades que están encamiñadas a desenvolver a expresión, a sensibilidade, a memoria e a comunicación.

Baloncesto

Baloncesto

Desde 1º EP ata 4º ESO

Desde o Club Depordima ofrécese este deporte que axuda a desenvolver a personalidade axudando na súa formación integral co fomento da cooperación e a amizade. Todas as categorías con tres adestramentos a semana e competición federada.

Baby Basket

Baby Basket

Desde 4º EI ata 6º EI

A canteira do Club Depordima. Orientada á iniciación ao deporte do baloncesto e impartida integramente en inglés colaborando co Colexio no programa plurilingüe.

Fútbol

Fútbol

Desde 4º EI ata 6º EI

Escola de fútbol dirixida e xestionada polo Ourense CF na que  os máis cativos poderán iniciarse no noso Colexio ao fútbol así como potenciar as súas habilidades sociais, actitudes positivas cara a convivencia e traballar a intelixencia emocional ao tempo que melloran a súa psicomotricidade.

Ximnasia rítmica

Ximnasia rítmica

Desde 6º EI ata 4º ESO e FPB

Actividade dirixida e xestionada polo Club Marusia na que se pode participar  desde un punto de vista lúdico e deportivo ata dar un paso máis e competir a nivel provincial e autonómico.

Patinaxe en liña

Patinaxe en liña

Desde 4º EI ata 4º ESO e FPB

A través da aprendizaxe desta práctica deportiva incidiremos especialmente na educación en valores, traballando o compromiso, o esforzo e a importancia do traballo en equipo enchendo os espazos de ocio e tempo de lecer con diversión e ilusión.

Pintura

Pintura

Desde 3º EP ata 4º ESO e FPB

Complemento ideal para reforzar a arte dos nenos/as e darlles a posibilidade de desenvolver o seu talento e a súa mente creativa.

Nenoos 360

Nenoos 360

Desde 4º EI ata 6º EP

Método educativo integral para desenvolver a intelixencia dun xeito divertido e eficaz. Cunha metodoloxía propia baseada no:

  • Mind: Instrumentos específicos para desenvolver o talento e a intelixencia.
  • Body: Traballo corporal de relaxación e motivación.
  • Emotion: Técnicas de intelixencia emocional orientadas á xestión de emocións e ao desenvolvemento de habilidades sociais.
Danzas urbanas

Danzas urbanas

Desde 4º EI ata ESO e FPB

Actividade de danza onde se fomenta a coordinación corporal e a creatividade dinámica con ritmos musicais a través de diferentes estilos como hip hop, funky, house dance, ragga, brake dance, danza creativa, baile moderno …

Ioga en familia

Ioga en familia

Desde 4º EI ata ESO e FPB

Actividade corporal que pretende fomentar o exercicio corpo-mente. Trabállanse as emocións, a través da biodanza, posicións de ioga, relaxacións, prácticas lúdicas entre adulto e o nen@ interactuando e estreitando lazos familiares.

Top