Biblioteca

Entendemos a biblioteca escolar como un espazo de aprendizaxe e un recurso básico e necesario nun centro educativo, así como un instrumento que se presta a todos os membros da comunidade educativa. Por esta razón, a nosa biblioteca escolar pretende ser un lugar no que se organicen de xeito centralizado recursos para a aprendizaxe, o crecemento persoal e comunitario e o fomento da creatividade e o ocio.

Os servizos que se ofrecen son os seguintes:

Préstamo do fondo bibliográfico.
Lectura, estudio e consulta na sala.
Espazo para actividades grupais.

Horario:

Martes e xoves de 9:55 a 10:50 h.
Mércores de 10:50 a 11:45 e de 15:30 a 16:30 h.
Responsable: Belén Vidal – vidalrodriguez@dimaourense.com

Top