Comedor

¿Que é?

O Colexio dispón de comedor escolar con servizo de catering a cargo da empresa Aixiña que cociña os seus alimentos con produtos naturais para ofrecer un menú san e equilibrado supervisado por expertos nutricionistas co fin de dar resposta ás necesidades de cada dieta concreta e atender ás diferentes intolerancias.
O servizo desenvólvese desde as 14:00 h ata as 15:30 h, inclúe a comida e un tempo de lecer ambos supervisados por persoal propio do centro e da empresa do catering.
Pódese facer uso do servizo de comedor durante todo o curso ou ben os días que fose necesario.
Para calquera dubida ou cuestión relacionada co comedor,  as familias poden solicitar información ou unha entrevista por email administracion@dimaourense.com ou no teléfono 988.217.800.

Top