Visita a “La Molinera”, 2º e 3º ESO

Os alumnos de 2º e 3º de Secundaria fomos ata “A Molinera”, un laboratorio de innovación social dixital centrado nas persoas co obxectivo de converter a Ourense nunha cidade innovadora.

Alí comentáronnos propostas de novos empregos, e posibilidades que se supón haberá nun futuro próximo, centradas en novos materiais, robótica, impresoras en 3D, realidade virtual e intelixencia artificial.

Vimos como traballan as impresoras en 3D, unha máquina CNC e unha cortadora láser, nela vimos como cortaba diferentes materiais. Ademáis probamos unhas gafas de realidade virtual que cuns mandos podemos interactuar co entorno, a verdade e que foi unha visita na que nos falaron da importancia da creatividade e o emprendemento.