Divino Maestro Fundación Educativa Ourense é un centro educativo privado-concertado e confesional católico situado no barrio do vinteún.
O centro está concertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, nas ensinanzas de Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional Básica e dúas Aulas de Educación Especial.
Divino Maestro é unha Fundación Educativa que pertence á Congregación das Misioneiras do Divino Maestro en España. É unha institución educativa ao servizo da persoa. O alumno é centro e protagonista da educación. Isto lógrase co estilo, o espírito, os principios metodolóxicos e a experiencia educativa dos nosos fundadores: Francisco Blanco Nájera e Soledad Rodríguez Pérez.
O estilo educativo da Fundación Educativa Divino Maestro baséase nunha visión verdadeiramente integral da educación. Tendo en conta o desenvolvemento harmónico da persoa.
O noso centro Divino Maestro Fundación Educativa Ourense identifícanse como unha segunda familia e prioriza a atención persoal aos alumnos, especialmente aos máis necesitados, mediante a aceptación da súa persoa e situación, valorando non só o rendemento académico, senón as súas calidades humanas, necesidades e intereses.