O obxectivo primordial do EDLG é converter, o galego nunha lingua respectada, valorada e usada por toda a comunidade educativa nos diferentes ámbitos da súa vida cotiá. As nosas accións normalizadoras tentan equilibrar esa diferenza entre galego e castelán, erradicar os errados prexuízos, e converter o galego nunha lingua viva, nunha lingua de uso na nosa comunidade. Á vez, tentamos afondar no coñecemento do noso patrimonio sociocultural como unha vía fundamental para a potenciación do noso idioma.