O dominio de linguas estranxeiras, en concreto do inglés, implica a posibilidade de acceder a outras culturas e costumes ao mesmo tempo que fomenta as relacións interpersoais, favorece unha formación integral do individuo desenvolvendo o respecto cara outros países, os seus falantes e as súas culturas, e nos permite comprender mellor o idioma propio.O carácter plurilingüe reflíctese nas diferentes etapas do Centro:
Centro Plurinfantil
- Impartición de Inglés (non obrigatorio)
- Psicomotricidade en Inglés
Educación Primaria
- Impartición da Plástica (Arts & Crafts) en Inglés
Educación Secundaria
- Impartición da Educación Física (Physical Education) en Inglés.

No colexio cremos nunha visión global e non afastada dun contexto social cada vez máis esixente; por iso mesmo tomamos parte activa na consecución de titulacións que poden ser decisivas non só en canto a formación dos nosos alumnos senón con miras a una mellor integración no mundo laboral (Exam Preparation Cambridge).


¿Que é o programa BEDA?
BEDA (Bilingual English Development Assessment) é un programa creado por FERE que persigue implantar de maneira gradual o ensino bilingüe Español-Inglés nos colexios Concertados admitidos en dito proxecto. Proponse, por tanto, implementar e optimizar a eficacia do ensino do inglés no colexio.

O programa BEDA xira arredor de tres eixos fundamentais:
- Incremento cuantitativo e cualitativo do ensino do inglés no colexio.
- Imparte inglés en cursos onde non é obrigatorio (EI).
- Converteuse en centro Plurinfantil
- Impartición da Plástica (Arts & Crafts) en Inglés (EP)
- Impartición da Educación Física (Physical Education) en Inglés (ESO)
- Dedica alomenos unha hora exclusiva a conversación por cada curso.
- Nos cursos de 4º de Educación Infantil años ata 4º de ESO contamos con un profesor nativo.
- Realizamos actividades e utilizamos recursos en inglés como películas, xogo, etc.
- Clases extraescolares para preparar aos alumnos para os exames de Cambridge
- Formación específica do profesorado.
Periodicamente os profesores do departamento de inglés, así como o auxiliar de conversa acoden a cursos de mellora metodolóxica ofertados para os colexios que formamos parte do programa BEDA.
- Avaliación externa por parte de Cambridge ESOL Examinations da Universidade de Cambridge.
Os nosos alumnos acoden a clases extraescolares para a preparación dos exames da Universidade de Cambridge. A importancia de presentarse a estes exames é para que os nosos alumnos adquiran unha cualificación de recoñecemento internacional que lles servirá tanto no ámbito escolar como no ámbito laboral (necesarios para traballar fóra de España).
Os títulos de Cambridge están aliñados con el Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Ademais de para obteren un título, este exame sirve de estímulo e motivación.
Para máis información sobre o programa BEDA, poden visitar o seguinte link: https://www.ecmadrid.org/es/programas/programa-beda