Nesta etapa (4º, 5º e 6º de Educación Infantil) non buscamos que o alumnado adquira unicamente conceptos senón que tamén os educamos no respecto, na tolerancia, na solidariedade e na convivencia, formando así persoas responsables e felices.
A nosa ensinanza baséase nunha pedagoxía activa, por descubrimento e en continua actualización.
• Activa: a través dun aprendizaxe cooperativo onde os alumnos levan a cabo as tarefas de maneira colectiva adquirindo una función imprescindible dentro do seu grupo e por proxectos onde os nenos e nenas son os protagonistas do seu propio aprendizaxe.
• Por descubrimento: O que move o cerebro é a curiosidade, para iso proporcionámoslles estímulos que potencien o seu desexo de aprender, procurándolles distintas experiencias e aprendizaxes, e tendo claro que cada alumno ten o seu propio ritmo.
• Permanente actualización: dándolle unha especial importancia as novas tecnoloxías a través do emprego de tablets, ordenadores, pizarra dixital e a adquisición da lingua inglesa onde un profesor nativo auxiliar de conversa reforza as competencias do alumnado de cara o programa plurilingüe do centro.