Primaria

A etapa de Educación Primaria é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo español.

Composta por seis cursos abarca idades dende os 6 ata os 12 anos.

Nesta etapa os alumnos/as adquiren os principais valores e hábitos de estudo e para a vida que marcarán o seu futuro académico e persoal.

Coa nosa metodoloxía, os nos@s alumnos/as síntense partícipes do proceso de ensinanza e aprendizaxe tendo sempre presente que: “xuntos aprendemos máis e mellor”.

Ofrecemos a cada alumno/a a posibilidade de  potenciar a súas intelixencias máis desenroladas e de mellorar nas facetas que máis o precisen.

Ademais de traballar os contidos, estándares de aprendizaxe e obxectivos indicados pola lei, transmítese unha continua ansia por descubrir novos coñecementos, fomentando o esforzo, a responsabilidade, a autonomía e o traballo cooperativo, integrándose na realidade da súa contorna coa intención de crear hábitos e valores útiles para a súa vida cotiá, respectando a singularidade de cada un.

Top