Na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria o obxectivo básico é que os alumnos maduren a nivel persoal e escolar, desenvolvendo os hábitos de estudo para que nun futuro vivan comprometidos na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta.
Axudamos a desenvolver as competencias (combinación de coñecementos, destrezas, habilidades, actitudes e valores) dos nosos alumnos con:
- Hábitos de traballo tanto individuais como en grupo.
- Esforzo.
- Autonomía e responsabilidade.
- Confianza en si mesmo.
- Sentido crítico.
- Iniciativa.
- Interese.
- Desenvolvemento da creatividade…