O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 10:00 a 13:00 horas de Luns a Venres.
Calquera dúbida ou problema chamar 988217800 / 698171577
Visita Virtual – Street View 360
A Dirección xeral de Centros da Xunta de Galicia abre o proceso de admisión de alumnado de conformidade coa Orde do 18 de Decembro de 2020 para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes (Ésta modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 que desenvolve todo o proceso de matrícula):
- Calendario do Proceso -> CALENDARIO (01/02/2021)
- Última Semana de Febreiro -> Xunta Sorteo das Letras de Prioridade para desempate, Resolución Sorteo Letras
- 28 de Febreiro -> Publicación vacantes escolares
- Outra información importante ->
Criterio de Baremación do Centro – Criterios Prioritarios DOGA 2013
Documentación a Entregar
Horario Lectivo e Servizos Complementarios - Do 1 ao 22 de Marzo -> Proceso de Admisión ->
- PREFERENTE Forma online
Solicitude de Admisión Online Xunta de Galicia - Forma presencial no centro:
Solicitude de Admisión ED550B Galego
Solicitud de Admisión ED550B Castellano
- PREFERENTE Forma online
- Do 25 de Marzo ata o 7 de Abril -> Prazo de Entrega de documentación se a demanda supera á oferta
- 23 de Abril -> Listado provisional de admitidos e non admitidos -> CONSULTAR NA RECEPCIÓN DO COLEXIO
- Do 26 de Abril ao 3 de Maio -> Prazo de reclamación
- 14 de Maio -> Listado definitivo de admitidos e non admitidos -> CONSULTAR NA RECEPCIÓN DO COLEXIO
PERIODO DE MATRÍCULA
- Do 20 ao 30 de Xuño -> Formalización de Matrícula de Infantil e Primaria
- Do 25 de Xuño ao 10 de Xullo -> Formalización de Matrícula Secundaria
- Do 1 ao 10 de Setembro -> Prazo Extraordinario de Formalización de Matrícula Secundaria

O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 10:00 a 13:00 horas de Luns a Venres.
Fora do horario concertar cita 988217800 / 698171577
REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRICULA – Descargar
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se ésta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o Anexo I. A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
• Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
• Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o Anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
• Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
• Ser proposto/a polo equipo docente
• Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
• Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
• Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
• Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
PROCESO DE ADMISIÓN 1º E 2º FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA INFORMÁTICA DE OFICINA | |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES | 1 ao 11 setembro |
Publicación listaxe provisional admitidos e non admitidos | 14 setembro |
Prazo de reclamación | 15 e 16 setembro |
Prazo de matriculación | 14 ao 21 setembro |
Toda a información na páxina da Xunta de Galicia