Fondo Solidario de Libros e Material Escolar

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2021 / 2022
Listas Provisionais de 3º a 6º de Primaria e 1º a 4º de Secundaria (5 de xullo 2021)
Información en Porteria do Centro e mensaxe por ESEMTIA
Listas Definitivas de 3º a 6º de Primaria (20 de xullo)
Listas Definitivas de 1º a 4º de Secundaria (13 de setembro)
Despois da convocatoria extraordinaria de setembro

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS EDUCACIÓN PRIMARIA, SECUNDARIA E ESPECIAL CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Informamos de que con data 6 de maio de 2021 foron convocadas as axudas para:

– Participar no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
– Adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial.
– Adquirir material escolar en Educación Primaria e Educación Especial.

DOCUMENTOS:

fondo libros
material escolar fondo
1. Normativa aplicable

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021).

2. Presentación de solicitudes (dúas opcións)

3. Proxecto Dimatics 1×1

O proxecto Dimatics 1×1 abranguerá no vindeiro curso 2021-2022 a 5º EP, 6º EP e 1º ESO. Por dito motivo, estes cursos terán licencias dixitais polo que non optarán ao fondo solidario de libros de texto. Sen embargo, poderán solicitar as axudas de material.

4. Calendario do proceso
calendario proceso fondo libros 2021-2022
Top