CAMPAÑA MISIONEIRA 2023

🅲🅰️🅼🅿️🅰️Ñ🅰️ 🅼🅸🆂🅸🅾️🅽🅴🅸🆁🅰️ 2023
Este ano a campaña irá destinada ás obras de mellora dos centros Divino Maestro de Perú, Colombia, Venezuela y RD del Congo.
Comezamos este xoves 11 de maio coa 👣III Marcha Misioneira Internacional ao SANTUARIO DE FÁTIMA👣 de todo o alumnado do colexio, coa finalidade de alcanzar entre todos os Centros 1️⃣.0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ de pasos misioneiros solidarios. Estades convidados!
O luns 22 celebraremos a Tarde Misioneira, con comida solidaria, festa da escuma, inchables… e unha chea de xogos. Non esquezas comprar a túa entrada🎟️!
#dimaourense
#divinomaestrofeourense
#CampañaMisionera2023
#MisionesDivinoMaestro
#ConstruyamosSueñosJuntos

¡Píntalle un sorriso ao mundo! 😊🌎 | Campaña Misioneira 2023

Como cada ano, dende o Secretariado de Misións convócannos a toda a familia do #DivinoMaestro para a Campaña Misioneira de 2023, cuxo lema é Píntalle ao mundo un sorriso! 😊🌎

Este é o noso desexo, que este “soño” poida facerse realidade e aliviar un pouco o sufrimento de tantos irmáns que viven na carencia en grao sumo necesario.

Como gran familia que somos, unímonos a todo o labor misioneira e evanxelizadora que se realiza nas cinco Zonas en que están presentes as Misioneiras do Divino Maestro.

As necesidades son moitas, así como os Proxectos chegados ao Secretariado de Misións para cubrir necesidades tan básicas como a alimentación, bolsas escolares, coidado da saúde, formación, mellora de infraestruturas e equipamento etc.

Por iso este ano, de maneira especial, propoñémonos PINTAR SORRISOS, seguros de que, coa nosa achega económica, podemos mellorar as condicións de vida de moitos irmáns nosos, membros desta gran familia “Divino Maestro”.

Fai un donativo!

PEREGRINACIÓN SOLIDARIA A FÁTIMA

O xoves 18 de maio participamos na 👣III Marcha Misioneira Internacional ao SANTUARIO DE FÁTIMA👣 de todo o alumnado do colexio, coa finalidade de alcanzar entre todos os Centros 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ pasos, para iso fomos camiñando ata Fátima e volvemos. Os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria tamén fixeron a súa contribución no entorno do Colexio.

[Mirade as fotos e videos]

TARDE MISIONEIRA 2023 💙💞

Grazas por contribuir a pintarlle ó mundo un sorriso e construír o soño✨ de axudar ós colexios Divino Maestro de Perú🇵🇪, Colombia🇨🇴, Venezuela🇻🇪 e RD do Congo🇨🇩.
Grazas de corazón a todos os que participastes na tarde misioneira dunha maneira ou outra.
🙏🏻🅶🆁🅰️🆉🅰️🆂🙏🏻

 

III MARCHA 🏃🏿‍♀️ MISIONEIRA INTERNACIONAL 🌍 ONLINE

O sábado, 3 de xuño, ás 17:30 horas