Depordima

A sección de  baloncesto do Clube Depordima comezou no ano 2010. Naceu ca idea de fomentar este apaixonante deporte e ofrecerlle aos rapaces unha nova alternativa deportiva no noso centro.

Iniciamos este camiño na tempada 2010-11 cun só equipo alevín mixto de 11 nenos e nenas , pero co paso dos anos creouse unha sólida estructura que hoxe en día comprende todas as categorías de formación.

 OBXETIVOS

a) Desenrolar a personalidade do neno, axudando a súa formación integral.

b) Fomentar a cooperación e a amistade a través do deporte, potenciando a dimensión social do mesmo.

c) Darlle ao neno a posibilidade de expresarse deportivamente a través dun xogo eminentemente colectivo, no que o sentido de compañerismo, sacrificio en grupo e disciplina interna son prioritarios.

d) Fomentar o sentido deportivo e inducir ao neno a aceptar as reglas dun xogo.

e) Mellorar as capacidades técnicas, tácticas e físicas individuais e colectivas de cada individuo e grupo.

f) Valorar o educativo frente ao meramente competitivo. 

Top