SUBENCIÓN AULAS DIXITAIS 2023

O CPR Plurilingüe Divino Maestro de Ourense (Divino Maestro Fundación Educativa) está de noraboa, xa que conseguimos unha subvención pública ofertada a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, financiado con cargo aos Fondos NextGeneration da Unión Europea e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Os obxectivos que buscamos ao solicitar esta subvención, que nos permite adquirir novos equipos dixitais que contan coa última tecnoloxía, son:

  • Contribuír á mellora do proceso da ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción, máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas dos nenos e nenas, así como ás necesidades educativas especiais , soportan mellor software e programas punteiros no ensino dalgunhas materias…
  • Lograr un impacto positivo na saúde visual dos nosos mozos e mozas e no aforro enerxético, dado que teñen máis potencia na imaxe, e non precisan de diminuír a luz ambiental para unha visión óptima.

Por estes beneficios, solicitamos o máximo que as bases reguladoras permitíannos: dotación de computador e pantalla dixital interactiva de 75″ para 12 aulas do colexio, e foinos concedida a totalidade das mesmas, subvencionadas co 100% do importe.

Estamos seguros de que compartiredes connosco a alegría por esta boa noticia, dado que todas estas melloras do centro reverterán positivamente nos nosos nenos e nenas.

subencion aulas dixitais2
Top