As persoas que integran o servizo de comedor, responsable, monitores e alumn@s acóllense aos mesmos dereitos e deberes que están definidos no Título I artigos 4 ao 7 do Regulamento de Réxime Interior do Centro, así coma no Plan de Convivencia.
Dereitos específicos:
Os alumn@s teñen dereito a:
- Ser tratados con respecto e sen discriminación de ningún tipo, tanto por parte dos compañeir@s de comedor, como de todo o persoal que está ao fronte deste servizo.
- Unha dieta que aporte as substancias nutritivas que o neno necesita para o seu normal desenvolvemento e que complete a alimentación recibida na súa casa.
- Que o período da comida sexa un momento de goce, de falar cos compañeir@s e de intercambio de experiencias.
Deberes específicos:
Os alumn@s teñen o deber de:
- Obedecer ao persoal do comedor.
- Presentarse debidamente limpos e aseados.
- Antes e despois das comidas teñen que lavarse as mans. Para elo cada alumno traerá diariamente da súa casa unha bolsa de aseo que incluirá cepillo e pasta dental.
- Os nenos de infantil e 1º ciclo de primaria deben traer un “babi” para uso exclusivo do comedor.
- Entrar cando o indiquen os monitores, en fila, e coa maior orde posible.
- Sentarse correctamente e no lugar asignado polos monitor@s.
- Realizar a oración conxunta para bendicir os alimentos.
- Facer bo uso dos cubertos, vasos e materiais de comedor.
- Comer, alo menos, unha cantidade mínima e variada. Ningún alumn@ deixará de comer o menú correspondente, salvo advertencia formulada polos pais ou titores legais. En ningún caso se aplicarán correctivos que recaian na alimentación, nin por exceso, nin por defecto. A inapetencia continuada será obxecto de comunicación aos pais por parte da persoa do comedor.
- Permanecerán sentados durante toda a comida, si necesitan algo levantarán a man, abandonarán o comedor só por indicación dos seus monitores. Despois da comida, poden facer uso dos espazos que se teñan apalabrados co Colexio para tal fin, podendo ocupar o tempo de lecer en actividades complementarias, sempre baixo a vixilancia dos seus respectivos monitor@s.
- Ningún alumn@ poderá saír do Colexio no horario de comedor salvo comunicación por escrito dos pais e cunha persoa responsable que se faga cargo de dito alumn@.