Oferta

Róbotica
Baby bots (Educación Infantil)
Un curso pensado para que os máis pequechos se metan nun mundo novo e apaixonante. Divertiranse xogando con robots á vez que descobren a lóxica da linguaxe da programación e coñecen as impresoras 3D.
Junior bots (1º-2º-3º EP)
A través de apaixonantes retos o teu fillo/a aprenderá a crear as súas primeiras animacións e videoxogos, construirá os seus primeiros robots e programaraos xunto aos seus compañeiros. Sen esquecer que imprimirán os seus primeiros deseños en 3D.
Master bots (4º-5º-6º EP)
Os nosos alumnos/as introduciranse no mundo da programación á vez que descobren todo sobre Arduino, crearán as súas primeiras Apps, construirán robots desde cero e terán un primeiro contacto co mundo dos drones.

English
EP, ESO e FPB
Clases preparatorias para os exames oficiais de Cambridge, onde os alumnos/as poderán mellorar a súa capacidade lingüística nas catro destrezas (reading, writing, listening e speaking) e así ter a posibilidade de obter unha titulación de recoñecemento internacional. Grupos por niveis segundo a matrícula existente e co libro de texto proporcionado polo centro.

Funny English
Desde 4º EI ata 2º EP
Actividade lúdica impartida integramente en lingua inglesa orientada ao desenvolvemento da creatividade do teu fillo/a a través de obradoiros, xogos predeportivos e a estimulación da expresión corporal e oral; á vez que adquiren novas destrezas na lingua estranxeira.

Grupos Divino Maestro
Desde 3º EP ata 4º ESO e FPB
A nosa actividade estrela onde todos xuntos poderemos descubrir e compartir experiencias de amizade, solidariedade, xustiza e colaboración que nos axuden a crecer como persoas autónomas, creativas e comprometidas.
Ademais da xuntanza semanal ao longo do ano teremos convivencias e campamento de verán.

Guitarra
Desde 6º EI ata 4º ESO e FPB
Iniciación e perfeccionamento a este clásico onde se engloban técnicas e actividades que están encamiñadas a desenvolver a expresión, a sensibilidade, a memoria e a comunicación.

Baloncesto
Desde 1º EP ata 4º ESO
Desde o Club Depordima ofrécese este deporte que axuda a desenvolver a personalidade axudando na súa formación integral co fomento da cooperación e a amizade. Todas as categorías con tres adestramentos a semana e competición federada.

Baby Basket
Desde 4º EI ata 6º EI
A canteira do Club Depordima. Orientada á iniciación ao deporte do baloncesto e impartida integramente en inglés colaborando co Colexio no programa plurilingüe.

Fútbol
Desde 4º EI ata 6º EI
Escola de fútbol dirixida e xestionada polo Ourense CF na que os máis cativos poderán iniciarse no noso Colexio ao fútbol así como potenciar as súas habilidades sociais, actitudes positivas cara a convivencia e traballar a intelixencia emocional ao tempo que melloran a súa psicomotricidade.

Ximnasia rítmica
Desde 6º EI ata 4º ESO e FPB
Actividade dirixida e xestionada polo Club Marusia na que se pode participar desde un punto de vista lúdico e deportivo ata dar un paso máis e competir a nivel provincial e autonómico.

Patinaxe en liña
Desde 4º EI ata 4º ESO e FPB
A través da aprendizaxe desta práctica deportiva incidiremos especialmente na educación en valores, traballando o compromiso, o esforzo e a importancia do traballo en equipo enchendo os espazos de ocio e tempo de lecer con diversión e ilusión.

Pintura
Desde 3º EP ata 4º ESO e FPB
Complemento ideal para reforzar a arte dos nenos/as e darlles a posibilidade de desenvolver o seu talento e a súa mente creativa.

Nenoos 360
Desde 4º EI ata 6º EP
Método educativo integral para desenvolver a intelixencia dun xeito divertido e eficaz. Cunha metodoloxía propia baseada no:
- Mind: Instrumentos específicos para desenvolver o talento e a intelixencia.
- Body: Traballo corporal de relaxación e motivación.
- Emotion: Técnicas de intelixencia emocional orientadas á xestión de emocións e ao desenvolvemento de habilidades sociais.

Danzas urbanas
Desde 4º EI ata ESO e FPB
Actividade de danza onde se fomenta a coordinación corporal e a creatividade dinámica con ritmos musicais a través de diferentes estilos como hip hop, funky, house dance, ragga, brake dance, danza creativa, baile moderno …

Ioga en familia
Desde 4º EI ata ESO e FPB
Actividade corporal que pretende fomentar o exercicio corpo-mente. Trabállanse as emocións, a través da biodanza, posicións de ioga, relaxacións, prácticas lúdicas entre adulto e o nen@ interactuando e estreitando lazos familiares.