Grupos Divino Maestro

Os Grupos Divino Maestro de Ourense somos un grupo de nen@s e moz@s que queremos vivir unha experiencia cristiá a través da convivencia en grupo, fomentando a amizade, a unidade, o dar, o respecto e a solidariedade, crecendo nunha cultura de vida, onde renovar o noso compromiso por un mundo mellor, sendo Xesús a base da nosa existencia.  

Reunímonos todos os martes de 15:30 a 16:30 h dende outubro ata xuño para realizar actividades, obradoiros, saídas, reunións, xogos grupais e oracións. Ao longo do ano tamén organizamos convivencias e campamento de verán.

Se queredes ampliar a información, poñervos en contacto con nós en gdmourense@dimaourense.com

OS DIVINO MAESTRO DIVÍDENSE EN 5 ETAPAS

  1. Coleguillas de Xesús (3º e 4º EP)
  2. Amigos de Xesús (5º y 6º EP)
  3. Barca (1º y 2º ESO) GRUPOS
  4. Remos (3º, 4º ESO, premonitores…)
  5. Redes (Monitores)

*O pano é o  símbolo  que nos identifica como membros dos GDM. Entrégase cando existe un compromiso a aqueles membros dos GDM que levan connosco 3 anos.

Top