TARDE MISIONEIRA 2025

Queridas familias:

Informámoslles, que debido as choivas anunciadas para a data inicial, a nosa esperada Tarde Misioneira celebrarase o 26 de maio. Haberá dous tipos de entradas:

  • 9 euros. Alumnado de 3 de EP ata ESO/FPB. Inclúe comida (macarróns solidarios) e participación en xogos.
  • 6 euros. Alumnado de 4 EI ata 2 EP e todo aquel que non se quede á comida.

As entradas compraranse ao titor/a e entregaranse o venres 23. Tamén haberá entradas da tarde a disposición en portería e na entrada da Xornada Misioneira.

O alumnado de comedor sairá ás 15.30 pola porta habitual, e serán as familias as encargadas de levalos ao lugar do evento (patio). Este día o alumnado poderá traer comida para a Cantina Solidaria (que non leve ovo nin ingredientes que necesiten refrixeración).

O recadado irá destinado a Centros Divino Maestro de Perú, Colombia, Venezuela e Congo. Estamos seguros de que será unha tarde marabillosa!

IMPORTANTE: O 26 DE MAIO NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, BIBLIOTECA NIN LUDOTECA