1ª Marcha Misioneira Internacional

Marcha Misioneira Internacional 🌍 Online
Esperámosvos o sábado 22 de maio ás 17.30 horas                ======>>>>>
Grazas pola túa solidariedade💙 #dimaourense #marchamisionera #educacionenvalores

Este ano convidámosvos a participar na 1ª Marcha misioneira Internacional en liña organizada polo secretariado de misións e que unirá nun mesmo corazón a todos os centros da Fundación educativa Divino Maestro.

 O obxectivo é o de camiñar 300 pasos nun lugar elixido por vós de maneira que xuntos, alcancemos o millón de pasos solidarios. 
Todo o recadado irá destinado a axudar a un centro educativo situado na poboación de Venezuela chamada “Tigre”. 
Para anotarse, cada familia poderá facelo cubrindo este formulario de Google Drive: https://forms.gle/46W3yQ19dU6ZyuXi7 (ou avisando ao titor/a) ao que podedes acceder premendo no mesmo e indicar cantos membros ides participar. Seguidamente recibiredes os dorsais e deberedes enviar unha foto realizando a marcha cos mesmos postos antes do 13 de maio ao seguinte correo: cae@dimaourense.com 
O importe por membro será de 1€ e entrégase a cada titor/a. 
A retransmisión en streaming realizarase o día 22 de maio de 2021 as 17:30 horas.
CONTAMOS CONTIGO!
Tarde Misioneira 2020-2021