ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2023-2024 NOS NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 10:00 a 13:00 horas de Luns a Venres.
Calquera dúbida ou problema chamar 988217800 / 698171577
Visita Virtual – Street View 360
A Dirección xeral de Centros da Xunta de Galicia abre o proceso de admisión de alumnado de conformidade co Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11/02/2022) e coa Orde do 1 de outubro de 2022 (DOG 08/11/2022) para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado:
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 1 ao 20 de marzo, ambos inluídos
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
1- Solicitude: Anexo II
2- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.
3- Documentación acreditativa dos criterios de baremo que se indiquen na solicitude.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS [Normativa e Calendario -> Ver]
Do 21 de marzo ao 3 de abril, ambos inclusive, sempre que a demanda supere a oferta de prazas ( o 23 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda): As persoas implicadas poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión.
Criterios prioritarios Criterio do centro IPREM Desempate
O 25 de abril publicarase no taboleiro de anuncios a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación (as persoas interesadas poderán consultar na secretaría as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).
A resolución provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 ao 3 de maio). Modelo de reclamación
O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.
Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
PARA TER EN CONTA
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
VACANTES
Documento coas vacantes para o curso 2023/2024 -> Documento
HORARIO LECTIVO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Documento co horario lectivo e os servizos -> Documento