AULA NEWTON + MYBOXEXPERIENCE 2024

Este Venres os alumnos de 3º da ESO do Divino Maestro de Ourense fixemos unha saída á TECNÓPOLE a pilotar uns avións ?️ CESSNA e participar na «Aula Newton», organizada pola compañía de aviación “Boeing”, e a ONG FIRST Scandinavia, facendo unha primeria excursión no mundo do pilotaxe ??‍✈️ e a navegación. ?️
Trátase dunha Aula, onde a través dunha aventura con “Simuladores de voo” os alumnos poden perfeccionar as súas habilidades nas coñecidas como materias STEM: ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
Aproveitando a saída tamén visitamos á empresa “MYBOXEXPIRIENCE” ?experta en deseño de espazos e construcións con contenedores marítimos reciclados. ☑️♻️