CAMPAMENTO GDM 2020

Xoves 25 de xuño de 2020
Queridas familias:
Bos días! Que tal? Como estades? Ante esta situación tan diferente e excepcional esperamos que vós/ as e as vosas familias esteades moi ben.
Como xa ben sabedes, dadas as circunstancias actuais e despois de analizar todos os factores posibles @teniendo en cuenta a evolución variable día a día da situación que estamos a vivir, na que ante todo prima a seguridade de todos e todas, a actividade presencial de GDM non se renovará ata o inicio do próximo curso escolar.
Ante este contexto, somos os primeiros que queremos seguir ofrecendo posibilidades de educación (emocional e valores cristiáns) e lecer, que nos permitan manter o contacto entre as familias, o monitorado e a comunidade Divino Mestre no seu conxunto, dinamizando os nosos grupos e ao mesmo tempo sentirnos preto. Por iso, naceu a idea de “ÓRBITA GDM, hasta el infinito y más allá” unha proposta de campamento online (totalmente gratuíta) que levará a cabo do 1 ao 14 de xullo, con diversas dinámicas, xogos, momentos de oración e reflexión… para todos os integrantes de GDM a nivel nacional.
Horario base
  • Do 1 ao 14 de Julio (de luns a venres).
  • Mañá: Oración/ Actívate (deporte matutino) e Actividade central da mañá
  • Tarde (opcional): Obradoiros, bailes, retos…
  • Veladas (opcional): Levaranse a cabo 2-3 veladas coa posibilidade de ser en directo mediante videoconferencia ou similar.
Como participar?
Estades listo para esta nova experiencia?
Queredes pasar un bo intre entre todos nós?
A que estas esperando? Permanecede atentos ás nosas redes sociais.
Unha forte aperta do equipo de GDM.
GDM 2020