ENTROIDO 2022

ENTRODIO 2022

Queridas familias:
Por fin volve o ENTROIDO e volve con todas esas pequenas cousas que nos fan gozar do noso cos nosos.
No noso Colexio queremos celebralo sensibilizando a toda a comunidade da imperiosa necesidade de coidar a casa común que é a Terra, ese gran recurso que Deus nos deu. Por iso, baixo a temática: A BELEZA DE HÁBITATS E CLIMAS celebraremos o noso Entroido o vindeiro venres.
Para ir quecendo pouco a pouco seguiremos os mandatos do noso MECO durante toda a semana.
Xa o venres encheremos o Colexio de libélulas, papagaios, elefantes, pingüíns, cervos, cebras, avestruces, linces, tigres …; de vexetación típica do clima en cuestión, de indios/as e de defensores da natureza.
Polo protocolo establecido nestes intres na nosa comunidade no ámbito educativo pola Covid-19, non realizaremos o noso tradicional desfile polo barrio. A celebración do venres será no patio do Colexio e NON estará aberta ás familias.
Unha aperta e FELIZ ENTROIDO !!! que o temos máis que merecido!!!