Hoxe celebramos o Entroido no centro cunha gran participación de todo o alumnado, profesorado e familias 🎭🎉
Ao longo da xornada vivimos un ambiente cheo de alegría, cor e ilusión. Un dos momentos máis especiais foi a batucada conxunta entre o alumnado de Primaria e Secundaria 🥁🎶, que encheu os corredores de ritmo e enerxía.
Aínda que o tempo non acompañou e non puidemos desfilar polo exterior 🌧️, adaptamos a celebración aos espazos interiores do centro. Desfilamos, bailamos e tocamos instrumentos, compartindo un tempo de convivencia e diversión 🕺💃🎺.
Foi unha xornada moi especial na que, malia a adversidade, demostramos que a ilusión e as ganas de celebrar poden con todo. 🎊✨















Comentarios recientes