GRADUACION 4ºESO – 2025

O pasado xoves, 12 de xuño de 2025, ás 20:00 horas, presentamos no Salón de Actos do Colexio a Graduación do alumnado de 4ºESO, alumnos que na maioría dos casos levan con nós dende infantil, ou sexa 2012-2025.

Foi un acto moi emotivo, no que comezamos cunha Acción de Grazas, para a continuación pasar ao acto de Graduación con Imposición de Becas, propiamente dito.

Estamos moi ledos e orgullosos polo noso alumnado, que continúen formándose e sendo persoas íntegras, que levarán polo mundo o Carisma do Divino Maestro. Noraboa para todos.

[+ Imaxes e vídeos]