II VERBENA DIVINO MAESTRO 2019

 

Queremos comunicarvos que o vindeiro xoves día 20 terá lugar a verbena dirixida a alumnos e alumnas de Secundaria e Formación Profesional Básica.

A continuación podedes ver os detalles e normas que se aplicarán en dito evento co fin de que se converta nun intre de convivencia e diversión para o alumnado.

Horario: 21:30 – 00:30

Entrada: Portón de acceso ao patio (Rúa Madre Soledad de la Cruz).

Venda de entradas: Na portería do Colexio desde o luns día 17 ata o mércores día 19 ás 14:00 horas.

Prezo da entrada: 2 € con dereito a consumición.

Límite de entradas: Cada alumno/a poderá comprar un máximo de 2 entradas a maiores da súa, identificando sempre (nome e colexio) da persoa ou persoas que asistirán.

Acceso: Non se permitirá a entrada a ningún alumno/a de cursos inferiores á ESO.

Permanencia: Unha vez accedido ao patio o/a asistente á verbena que abandone o Colexio non poderá volver a entrar.

Nada máis… soamente pasalo ben e desfrutar desta festa entre amigos.

CARTEL VERBENA 2019