LA CRUZ DE LAMPEDUSA

LA_CRUZ_DE_LAMPEDUSA
LAmpedusa Mar

O noso colexio acollerá estes días (18 ao 21 de Xaneiro) A Cruz de Lampedusa, símbolo de paz e solidariedade 🕊 entre os pobos e razas do mundo, realizada cos restos de embarcacións de migrantes, naufragadas nas costas de Italia.

SIGNIFICADO DA CRUZ

A cruz debe o seu nome á pequena illa de Lampedusa situada ao sur de Italia, moi próxima a Libia, e que se converteu na principal porta de entrada a Europa para moitos migrantes.

Lampedusa foi o destino da primeira viaxe apostólico do Papa Francisco quen conmovido polos dramáticos naufraxios que aconteceron ese ano, nos que centos de persoas pereceron nas súas costas e outros centos converteron a illa nun inmenso campo de refuxiados, visitouna o 8 de xullo de 2013, a pouco máis de tres meses do inicio do seu pontificado. O pontífice celebrou a Santa Misa nun altar construído sobre un caiuco naufragado, tendo ante os seus ollos un mar Mediterráneo camiño de converterse nun cemiterio de migrantes.

Alí foi onde o Papa denunciou por primeira vez a ‘globalización da indiferenza’.

Pouco despois, o 3 de outubro dese mesmo ano, produciuse un novo naufraxio fronte ás costas de Lampedusa no que faleceron 360 persoas. O Papa clamou de novo ante o mundo: «Vergoña! Só me vén a palabra vergoña; é unha vergoña». Nese contexto o artista Franco Tuccio construíu unha cruz con anacos de madeira das embarcacións que naufragaran na illa.

En 2014 o Papa recibiuna como regalo pronunciando estas palabras: “Non podemos seguir vivindo anestesiados ante a dor allea. Leven a todas partes a cruz de Lampedusa como símbolo, para achegar e non esquecer o drama e a realidade dos inmigrantes…”.

Desde entón púxose en marcha a iniciativa “Viaxe da Cruz de Lampedusa”, que ten como obxectivo percorrer o mundo transmitindo unha mensaxe de solidariedade e de paz combatendo o que o papa Francisco chama a globalización da indiferenza, o esquecemento da situación dos refuxiados que sofren nos seus lugares de orixe. A cruz posúe unha cor azulado símbolo da dor e a esperanza da humanidade.

A Cruz foi bendicida polo papa Francisco en abril de 2014, quen encomendou que esta Cruz percorra o mundo. Diversas parroquias e colexios da nosa Diocese de Ourense, acollerana e ofrecerannos a oportunidade de orar ante ela.  O día 18 ás 11:30 faremos unha oración na praza fronte ao colexio.