Letras Galegas 2024

Hoxe 17 de maio é o día das Letras Galegas.

Este ano adícaselle a unha Muller comprometida coa nosa lingua e a nosa cultura, a escritora coruñesa, Luísa Villalta.

Durante esta semana traballamos unidades didácticas que nos axudaron a coñecer a súa vida e obra.

Rematamos cun festival, o 16 de maio, de música en directo, no salón de actos onde o pasamos estupendamente, contamos coa colaboración de alumnos de diversos cursos para facer este espectáculo que desfrutamos incriblemente.

[Ver todas as imaxes e videos]