Queridas familias:
A nosa sociedade necesita seguir afondando en valores que lle axuden a ser cada vez máis solidaria.
Este ano, o noso lema “CONFÍAS EN MIN?», é sinal de humildade e dispoñibilidade para vivir axudando aos demais e sobre todo ás persoas que máis o necesitan.
Que a luz nos guíe cara ao nacemento de Xesús, enchéndonos de alegría, paz e esperanza.
Por este motivo convidámosvos, como sempre, a que coñezades as distintas actividades e festas, que con ilusión prepararon o alumnado e o profesorado.
ACTIVIDADES DO NADAL
Do 2 ao 20 de decembro
Campaña de recollida de alimentos.
Do 2 ao 16 de decembro
Concurso de Anxos de Nadal.
Do 9 ao 20 de decembro
Visita o Belén do Centro
Día 17 de decembro
9:30 Festival de Nadal para alumnado e entrega de premios do concurso de Anxos de Nadal.
19.30 Festival de Nadal para familias Educación Infantil/ESO/CFGB
Día 18 de decembro
19.30 Festival de Nadal para familias E. Primaria
20.30 “Unha mensaxe que ilumine ao mundo” a cargo dos Grupos Divino Maestro.
20.35 Chocolatada solidaria
Os tickets recolleranse en portaría dende o 9 ata o 17 de decembro e terán unha aportación de 3,5 €. Deberá indicarse no intre da compra se ten algún tipo de intolerancia ao glute ou á lactosa.
Cualificacións e período de vacacións
Os boletíns de cualificacións da primeira avaliación estarán dispoñibles en Abalar o día 19 de decembro.
O día 20 haberá servizo de atención temperá, comedor e extraescolares; non haberá ludoteca nin espazo de estudo.
As vacacións de Nadal comprenderán dende o 21 de decembro (sábado) ao 7 de xaneiro (martes) ámbolos dous inclusive.
O reinicio das clases no horario habitual será o mércores 8 de xaneiro.
“La Navidad se acerca. Vamos a conmemorar el más sublime
acontecimiento que han presenciado los siglos desde el día de la creación.
Jesús vuelve a nacer en nuestra alma cada día, impregnándonos de su
espíritu, su amor y su vida reproduciendo en nosotros su imagen viva”
Francisco Blanco Nájera
Unha aperta,