Nova organización no servizo de MADRUGADORES
A partir deste curso escolar 25/26, co obxectivo de garantir unha mellor atención e un espazo axeitado para todos/as, o alumnado desde 3º de Primaria en diante utilizará agora a biblioteca para o devandito servizo.
O alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria continuará na súa localización actual.
A entrada para todos/as seguirá sendo, como ata agora, por Rúa Río Corzos.
Consideramos que a biblioteca é unha contorna tranquila e apropiada para os nenos/as maiores, onde poderán realizar actividades como lectura, debuxar, xogos educativos, facer tarefas ou simplemente pasar un momento de calma antes do inicio das clases.















Comentarios recientes