
Estimadas Familias:
Dende a Plataforma Esemtia infórmannos que fixeron unha actualización da aplicación para os dispositivos móbiles Esemtia Familia, pola cal os datos gardados na mesma se perden (usuario e contrasinal) e habería que volvelos a escribir se os sabemos.
¿Como recupero o usuario e contrasinal?
Dous métodos:
- Pulsar en «HE OLVIDADO MI CONTRASEÑA» e introducir o correo electrónico que figura na plataforma.
Debería chegarnos un correo electrónico cun enlace, sobre o que habería que pulsar e que nos leva a unha páxina para introducir o usuario e un novo contrasinal. - Enviar un correo electrónico a secretaria@dimaourense.com indicando de quen sodes pai, nai ou titor e o secretario enviará as claves ao voso enderezo electrónico.
Para tentar remediar no posible este inconveniente poden dende a aplicación cambiar o contrasinal [Ir a mi perfil – Modificar Credenciales] e introducir un nome de usario e un contrasinal que nos facilite a súa memorización.