Continuamos co proceso electoral para a renovación da ANPA DIVINO MAESTRO de Ourense
2º.- Do 7 ao 9 de outubro de 2019: exposición provisional das candidaturas presentadas, tanto no apartado do AMPA da web, como no taboleiro de anuncios do colexio.
3º.- Do 14 ao 18 de outubro de 2019: prazo de reclamación ás listas provisionais. As reclamacións presentaranse en sobre pechado no local do AMPA ou na súa falta na portería do colexio.
4º.- Do 21 ao 24 de outubro de 2019: exposición da lista definitiva das candidaturas presentadas, tanto no apartado do AMPA da web, como no taboleiro de anuncios do colexio.
5º.- O día 28 de Outubro: ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dos novos membros da Xunta Directiva.