Saída a Coruña 2º e 3º ESO

Os alumnos de 2º e 3º de ESO, o luns 25 de novembro, fomos ata A Coruña para participar nun «Obradoiro de Robótica», no que aprendemos moitas cousas e programamos uns Lego Mindstorm V3 para que fixeran os movementos que se pedían nas probas.

Despois diso comemos ao lado da praia, para deseguido, visitar a exposición «O Noso Planeta», baseada nuha serie documental da canle Netflix. A verdade vimos imaxes do noso planeta pouco coñecidas e coas que nos concienciaron sobre a importancia de coidar o noso Planeta, moi na liña do que se dixo e dirá en próximas cumbres do clima.

[+ Imaxes]