Este ano a Biblioteca mudou….Grazas a axuda do PLAMBE, invertimos en fondos novos e diseñamos un espazo multifuncional que se acerca estéticamente á natureza

A Biblioteca durante o curso 2020-2021 tivo que converterse nunha aula con motivo do COVID-19

Pero neste curso 2021-2022 seguimos dinamizando a lectura con stands temáticos sobre a importancia da AUGA e refentes ó SAMAÍN.

Pero coa chegada do PLAMBE baleiramos, expurgamos e mudamos a biblioteca por completo…

Cos libros expurgados fixemos agasallos para a campaña do Nadal e no día do libro como presente aos rapaces de modo que os libros tivesen unha segunda vida…

«Lea» un personaxe imaxinario que motiva á lectura e xogar coas letras, fixo a súa aparición nas aulas con moi boa acollida por parte do alumnado. Lembrando que a lingua é DIVERTIDA.

Organizar, ordenar, limpar… leva o seu tempo, pero con esforzo e paixón o espazo empeza a coller cor




Pero o máis importante son os LIBROS.
Ordeámolos alfabéticamente e colocámolos seguindo o CDU (Clasificación Decimal Universal)

Facemos os carnets

Texuelamos…

Alumnado voluntario imitou a indumentaria de «Lea» e motivou o 1º CONCURSO DO SELO DA BIBLIOTECA, foron polas aulas animando a particpar aos seus compañeiros e compañeiras.

Finalmente disfrutamos da BIBLIOTECA, aínda que, queda moito que traballar.
SEGUIEREMOS O VINDEIRO CURSO
HABERÁ QUE INAUGURALA COMO SE MERECE, VERDADE?

