SOLICITUDE DE ADMISIÓN FPBásica 2020/2021

 
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020 
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: INFORMÁTICA DE OFICINA

O horario de atención ao público será o seguinte: Mañás -> de 10:00 a 13:30 horas de Luns a Venres. 
Fora do horario concertar cita 988217800 / 698171577

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 1 AO 11 DE SETEMBRO – Anexo I

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se ésta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o Anexo I. A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Documentación a presentar:

• Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

• Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o Anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.

• Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.

  Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

• Ser proposto/a polo equipo docente

• Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo

• Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

• Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

• Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

PROCESO DE ADMISIÓN 1º E 2º FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

INFORMÁTICA DE OFICINA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1 ao 11 setembro

Publicación listaxe provisional admitidos e non admitidos

14 setembro

Prazo de reclamación

15 e 16 setembro

Prazo de matriculación

14 ao 21 setembro

Toda a información na páxina da Xunta de Galicia