Estimadas familias:
En primeiro lugar agradecer aos alumnos a boa acollida desta Tarde, e ás familias a colaboración tanto nos xogos coma no Chef Solidario, cousa que sen eles sería imposible.
O día prestouse para a actividade aínda que refrescou algo de cara á Festa de Espuma, aínda así pasámolo pipa mentres axudamos aos colexios Divino Maestro de Venezuela.
GRAZAS A TODOS DE CORAZÓN