O pasado venres, 12 de abril de 2019, tivo lugar no Divino Maestro de Ourense a tradicional representación de Via Crucis a cargo dos mozos e mozas dos Grupos Divino Maestro (GDM), celebración para axudarnos a afondar e a acompañar a Xesús nos momentos máis difíciles da súa vida. Foi un momento de oración e cercanía con Xesús.
Este ano incidiu nos problemas que afronta a nosa sociedade dende unha visón Cristiá.