O colexio quere organizar o 29 e o 30 de xaneiro do 2019 a VII Feira das Ciencias , onde estudantes asesorados polos seus proxenitores, participan mostrando os seus experimentos , proxectos e traballos de divulgación científico-tecnolóxica. Con tal motivo o departamento científico– tecnolóxico quere pedirlles o seu apoio e animarlles a colaborar neste eventos mediante a presentación de:
Traballos de desenvolvemento tecnolóxico, demostracións dun principio científico, construcións de mecanismos, proxectos de investigación …
COMO PODO PARTICIPAR ?
Informando o/a titor/a do seu fill@ de que quere presentar unha experiencia e presentar a ficha de inscrición indicando o nome do proxecto, os integrantes do equipo, a categoría e unha breve explicación do mesmo antes do 14 de xaneiro do 2019.
Para evitar a repetición de traballos teñen preferencia os que antes se incriban . Apurádevos.
Para calquera aclaración ou dúbida floren@dimaourense.com ou salome@dimaourense.com
Grazas pola súa colaboración e un cordial saúdo.