Renovación ANPA: Eleccións

PROCESO ELECTORAL

Por acordalo así na reunión da xunta directiva do día 16 de setembro de 2019, e de conformidade co establecido no art. 18 dos Estatutos, convócanse eleccións para a renovación e/ou cobertura das postos vacantes en @dicha xunta, establecéndose o seguinte calendario electoral:

1º.- Do 30 de setembro ao 4 de outubro de 2019: apertura do prazo de presentación de candidaturas. Entregaranse nos locais do AMPA ou na súa falta na portería do colexio en sobre pechado.

2º.- Do 7 ao 9 de outubro de 2019: exposición provisional das candidaturas presentadas, tanto no apartado do AMPA da web, como no taboleiro de anuncios do colexio.

3º.- Do 14 ao 18 de outubro de 2019: prazo de reclamación ás listas provisionais. As reclamacións presentaranse en sobre pechado no local do AMPA ou na súa falta na portería do colexio.

4º.- Do 21 ao 24 de outubro de 2019: exposición da lista definitiva das candidaturas presentadas, tanto no apartado do AMPA da web, como no taboleiro de anuncios do colexio.

5º.- O día 28 de Outubro: ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dos novos membros da Xunta Directiva.

 

O proceso electoral seguirá a seguinte orde:

1º.- Constitución da mesa electoral.
2º.- Presentación dos novos candidatos.
3º.- Votación ata as 19:00 horas.
4º.- Reconto de votos.
5º.- Proclamación de resultados.
6º.- Rogos e preguntas.

A mesa electoral constituirase por cinco membros elixidos ao azar entre os asistentes á asemblea xeral, que non se presentaron como candidatos para a formación da nova directiva; destes cinco membros nomearase o presidente da mesa.

Ourense ao 16 de setembro de 2019

Natalia Pernas Nogueiras
Presidenta